Asignamos o nome de «pazo urbano» a unha casa con certa categoría respecto ás do seu entorno, tanto polo material empregado, a pedra, como pola categoría social dos seus ocupantes (A Noia da memoria, Pedro García Vidal, 1990). Estas casas señoriais son exemplos da arquitectura civil gótica, vestixio dunha das épocas máis florecentes da vila.
Pazo do Forno do Rato
Casa gótica de verticalidade e robustez, e ao mesmo tempo de integración urbanística grazas aos soportais con arcos e ao balcón que cruza a rúa. Declarado Ben de Interese Cultural en 1981.