Praza do Tapal
Praza do Tapal
1/1
Praza do Tapal Núcleo fortificado · Idade Media
Praza do Tapal
Praza do Tapal
Praza do Tapal

Praza do Tapal

Había un primitivo núcleo fortificado anterior ás murallas do século XIV. No seu interior situábase a fortaleza da Mitra e o pazo dos Churruchaos, do que só se conserva un lenzo mural cun elegante ventanal gótico. O aspecto actual da praza responde a reformas de mediados do século XX, nas que se derriban os restos da fortaleza, amplíase a praza e gaña protagonismo a fachada de San Martiño. Nesa época incorpórase tamén o cruceiro gótico trasladado desde Ponte Nafonso.

A historia da praza remóntanos á Idade Media coa execución de Ruy Soga de Lobeira, pertigueiro maior da catedral de Santiago no século XIV, e á revolta irmandiña contra o castelo do Tapal. No século XX o seu nome evoca a morte do director Claudio Guerín: mentres rodaba a película Las campanas del infierno, ao supervisar unha escena no alto da igrexa esvarou da cornixa e caeu ao pé das escaleiras. O suceso queda sinalado cunha cruz no chan. Entre as lendas antigas da torre inacabada de San Martiño pervivía unha que dicía que quen intentase acabala morrería.

Preto desta praza erguéronse outras que actuaron como punto de encontro social e, na orixe, quizais comercial: a praza da Constitución, a Fanequeira e o Cantón.

Organismos colaboradores