Igrexa de Santa María a Nova e as laudas gremiais
Igrexa de Santa María a Nova e as laudas gremiais
1/1
Igrexa de Santa María a Nova e as laudas gremiais Gótico mariñeiro · 1327 · BIC
Igrexa de Santa María a Nova e as laudas gremiais
Igrexa de Santa María a Nova e as laudas gremiais
Igrexa de Santa María a Nova e as laudas gremiais
Igrexa de Santa María a Nova e as laudas gremiais
Igrexa de Santa María a Nova e as laudas gremiais
Igrexa de Santa María a Nova e as laudas gremiais
Igrexa de Santa María a Nova e as laudas gremiais
Igrexa de Santa María a Nova e as laudas gremiais
Igrexa de Santa María a Nova e as laudas gremiais

Igrexa de Santa María a Nova e as laudas gremiais sepulcrais

Fundada no ano 1327 polo arcebispo compostelán Berenguel de Landoira, cuxa efixie aparece no tímpano da fachada principal, na escena da Epifanía. O tímpano da porta lateral sur deixa constancia da data de consagración.

O templo, de estilo gótico galego mariñeiro, ten unha soa nave con cuberta de madeira sobre tres arcos apuntados que arrancan de pilastras curtas e dividen a nave en catro tramos. A capela maior, máis estreita e baixa, cun magnífico retablo barroco policromado de 1760, remata en bóveda de canón; a capela de Pero Carneiro, do século XVI ao lado do Evanxeo, faino con bóveda en forma de cuncha.

Cos anos engadíronse espazos: sacristía norte do XVII, hoxe almacén-arquivo de laudas, e sacristía sur do XVI, con espazo expositivo. Antes de saír convén ver a pía bautismal do século XV, o sarcófago de Ioan de Estivadas (XVI) e a exposición permanente de lápidas.

No camposanto destacan o cruceiro gótico ao sur e o baldaquino do Cristo do Humilladoiro (século XVI) ao norte, os sarcófagos arredor da igrexa e a magnífica colección de máis de quinientas lápidas sepulcrais, dos séculos XIV ao XIX, que fan do conxunto algo único. Igrexa e cemiterio foron declarados histórico-artísticos en 1973. No interior atópase o museo de Laudas Gremiais Sepulcrais.

Organismos colaboradores