Asignamos o nome de “Pazo urbano” a unha casa con certa categoría respecto a as da súa contorna, tanto polo material empregado, a pedra, como pola categoría social dos seus ocupantes.
Pazo Dacosta casa gótica, presenta, dentro do mesmo afán ascensional, un aspecto semellante a unha fortificación polo robusto dos muros e alicerces. As arcadas forman un soportal na rúa, do mesmo xeito que as outras casas, sobre as que se eleva a vivenda.