Rúa Oviedo Arce, Noia, 15200 Noia, A Coruña, España
audioguides.information
Galeria
Pazo do Forno do rato (Pazo urbán de Noia)
Un pazo urbano é unha casa con certa categoría respecto as da súa contorna, tanto polo material empregado, a pedra, como pola categoría social dos seus ocupantes.
Pazo do “Forno do Rato”. Casa gótica que presenta as seguintes características: verticalidade, robustez e ao mesmo tempo integración urbanística achegada polos soportais con arcos e balcón cruzando a rúa. Declarado Ben de interese cultural (mil novecentos oitenta e un).
Curiosidade: a orixe do nome “Pazo do Forno do rato” fai referencia ao nome popular polo que tiña a rúa, agora chamada rúa Oviedo Arce, e debíase a que había un formo de pan e o dono do mesmo tiña o alcume do Rato.