Praza do Tapal, Noia, 15200 Noia, A Coruña, España
audioguides.information
Galeria
Praza do Tapal
O aspecto actual da praza responde a reformas de mediados do século vinte en que se derruban os restos da fortaleza, ampliándose a praza e engrandecendo o protagonismo da fachada de San Martín, tamén nesa época incorpórase o cruceiro gótico trasladado desde o lugar de Ponte Nafonso.
A historia da praza do Tapal trasládanos á Idade Media coa execución de Ruy Soga de Lobeira, pertigueiro maior da catedral de Santiago no século catorce, á revolta irmandiña contra o castelo do Tapal e, no século vinte, o seu nome evoca a morte do director Claudio Guerín, pois, no momento que rodaba a película As campás do inferno o director, no momento que supervisaba unha escena no alto da igrexa, escorregou da cornixa caendo ao pé das escaleiras quedando sinalado este triste suceso cunha cruz no chan. Curiosamente entre as lendas antigas, relacionadas coa torre inacabada de San Martín, pervivía unha que dicía que todo aquel que tentase acabar a torre que morrería.
Próxima a esta praza levantáronse outras que actuaron como punto de encontro desde o
punto de vista social, na súa orixe estas prazas puideron ter un fin comercial, referímonos á praza da Constitución, Fanequeira e Cantón.