Inaugurado o vinte e catro de abril de mil novecentos vinte e un, xorde dunha iniciativa privada. Nos seus comezos dedicouse a zarzuelas, teatro, conferencias ou concertos, ata o ano mil novecentos sesenta e seis en que se aluga e destínase a cinema ata mil novecentos oitenta e seis, data na que se pechou. Haberá que esperar a mil novecentos noventa e nove, tras ser rehabilitado polo arquitecto Juan Roade mantendo o estilo á italiana e a súa fachada modernista, para que o Teatro Coliseo Noela, xa de propiedade municipal, convértase nun edificio singular no que se concentra gran parte dos acontecementos culturais xunto coa Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos.